Proyectos europeos e internacionales
Políticas europeas
Investigación y desarrollo territorial en el contexto internacional
Diversidad étnica y lingüística
Género
Sostenibilidad ecosocial
Inclusión
Juventud y educación en el contexto europeo e internacional
O sistema educativo ten un papel central na configuración de sociedades máis xustas, inclusivas e preparadas para enfrontar os desafíos globais. Este elemento transversal destacará como a educación non só fomenta o pensamento crítico e o desenvolvemento de habilidades, senón que tamén forma cidadáns conscientes do seu papel no mundo. Na nosa iniciativa isto tradúcese na participación activa do estudante do sistema educativo nas actividades sempre ao mesmo nivel que académicos e profesionais.
O obxectivo deste elemento transversal é mostrar a realidade das entidades que traballan na nosa contorna no contexto internacional para desmitificar que a política internacional sexan guerras e conflitos. Tamén existen políticas e estruturas ilusionantes e innovadoras. Búscase con isto achegar á cidadanía á realidade das estruturas de cooperación ás súas iniciativas e proxectos que, en suma, son tamén nosos. Na nosa iniciativa isto tradúcese na participación de responsables institucionais nas actividades para describir as súas entidades, obxectivos e proxectos máis ilusionantes.