
Neste episodio, Carme Tomé entrevista a Alba Iglesias e Vanesa Pérez, integrantes da Federación Down Galicia. Defenden a cooperación internacional...
O obxectivo deste evento é reunir a académicos, líderes sociais, responsables políticos e membros da sociedade civil para dialogar sobre as conexións entre a cooperación internacional e a xeopolítica nun contexto participativo. A través de relatorios, mesas redondas e talleres, exploraremos temas como o impacto dos proxectos internacionais, a xeopolítica e a participación cidadá.
Este congreso destaca pola participación conxunta de académicos, alumnos de educación secundaria e universitaria, políticos locais e europeos así como entidades sociais de diversa índole compartindo un mesmo espazo de reflexión e participación.
A través de proxectos innovadores, T4All impulsa a investigación aplicada e a participación cidadá, xerando solucións sostibles que responden aos retos territoriais e sociais actuais.
No congreso teremos a oportunidade de realizar un roteiro de sendeirismo e reflexión que nos permitirá coñecer os mellores espazos arqueolóxicos e paisaxísticos da área á vez que seguimos debatendo e reflexionando sobre as temáticas do congreso

Neste episodio, Carme Tomé entrevista a Alba Iglesias e Vanesa Pérez, integrantes da Federación Down Galicia. Defenden a cooperación internacional...

Neste episodio Andrea González e Cristina Costa entrevistan á eurodiputada Ana Miranda polo partido do Bloque Nacionalista Galego. Durante a...